Raksha Bandhan
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Raksha Bandhan (en sánscrito रक्षाबन्धनम्) é un festival hinduísta e xainista. A tradición hinduísta celebra o amor e as obrigas entre irmáns e irmás, e tamén as relacións entre homes e mulleres, familiares ou non, que teñen unha forte amizade como se fosen irmán e irmá. En moitas partes da India coñécese como Rakhi Purnima, ou simplemente Rakhi.[1] A tradición xainista celebra o día no que os monxes Akampanacharya, Shrutsagar e Vishnu Kumur ao manter o seu estado de contemplación foron quen de parar a tortura física á que estaban sendo sometidos eles e os seus discípulos [2] Raksha Bandhan é un día festivo nalgunhas partes da India, como Andhra Pradesh, Guxarat, Madhya Pradesh, Bengala Occidental, Raxastán, Uttarakhand, Uttar Pradesh, Jharkhand, Bihar, Haryana, Orissa, Punjab, Maharashtra e Telangana, así como no Nepal e celébrana hinduístas e xainistas noutras partes do mundo. O festival cae o día de lúa chea (Shravan Poornima) do mes de shravan segundo o calendario lunisolar hinduísta.[3]