![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Raising_the_Flag_on_Iwo_Jima%252C_larger_-_edit1.jpg/640px-Raising_the_Flag_on_Iwo_Jima%252C_larger_-_edit1.jpg&w=640&q=50)
Erguendo a bandeira en Iwo Jima
fotografía de Joe Rosenthal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Erguendo a bandeira en Iwo Jima (en inglés: Raising the Flag on Iwo Jima) é o nome dunha fotografía histórica tirada o 23 de febreiro de 1945 por Joe Rosenthal na illa de Iwo Jima, no Xapón. Amosa cinco marines dos Estados Unidos e un médico da Armada alzando a bandeira estadounidense no monte Suribachi durante a batalla de Iwo Jima na segunda guerra mundial.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Raising_the_Flag_on_Iwo_Jima%2C_larger_-_edit1.jpg/640px-Raising_the_Flag_on_Iwo_Jima%2C_larger_-_edit1.jpg)
A foto chegou a ser moi popular e foi reimpresa moitas veces, o seu autor obtivo o premio Pulitzer de fotografía. Está considerada como a instantánea de guerra máis importante da historia, unha das máis reproducidas do mundo.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7e/Marine_Corps_Silver_Dollar_Proof_Obverse.jpg/640px-Marine_Corps_Silver_Dollar_Proof_Obverse.jpg)
Dos seis homes que aparecen na imaxe, tres (Franklin Sousley, Harlon Block e Michael Strank) caeron en combate, mentres que os sobreviventes (John Bradley -despois dunha longa investigación, o Corpo de Infantaría de Mariña dos Estados Unidos recoñeceu que Bradley non estivo na foto senón o infante Harold Schultz, quen sobreviviu á guerra-, Rene Gagnon e Ira Hayes) convertéronse en celebridades debido ó uso propagandístico de guerra que se realizou coa súa aparición. A imaxe foi utilizada por Felix de Weldon para esculpir o Memorial de Guerra do Corpo de Marines dos Estados Unidos, xunto do Cemiterio Nacional de Arlington, nos arredores de Washington, D.C.