Radivoj Korać
baloncestista serbio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Radivoj Korać (en serbio: Радивој Кораћ), nado en Sombor (Iugoslavia, actual Serbia) o 5 de novembro de 1938 e finado en Saraxevo o 2 de xuño de 1969, foi xogador profesional de baloncesto iugoslavo. Cunha altura de 1,96 metros xogaba na posición de ala-pivote.
Radivoj Korać | |
---|---|
![]() | |
Posición | Ala-pivote |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 94 kg (207 lb) |
Nacemento | 5 de novembro de 1938![]() |
Morte | 2 de xuño de 1969 (30 anos)![]() |
Carreira | |
Tempadas | 1955–1968 |
Canteira | OKK Belgrado |
Internacional | 157 (1959-1968) |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (XX.OO) | |
Puntos | 326 (17,2 pp) |
Partidos | 19 |
Vitorias | 13 (68%) |
Premios | |
Considerado un dos mellores xogadores deste deporte da historia de Europa, Korać é lembrado hoxe como "a primeira lenda", xa que foi un dos máximos artífices en lograr que a selección iugoslava pasase de ser un equipo sen importancia no panorama internacional a unha das maiores potencias mundiais en baloncesto. Cando estaba na plenitude da súa carreira, faleceu nun accidente de tráfico uns meses antes de disputar o Mundial de Baloncesto de 1970 en Liubliana.
Como recoñecemento aos seus méritos a FIBA incluíulle, no 2007, na lista de nove xogadores que inauguraban o seu Salón da Fama e a Euroliga fixo o mesmo coa inclusión do xogador na súa lista de trinta e cinco mellores xogadores da historia da competición que realizou no 2008 con motivo do seu cincuenta aniversario. Ademais entre 1971 e 2002, a antecesora da segunda maior competición do baloncesto Europeo, a Eurocup Basketball, levou o nome de Copa Korać.