Radar de apertura sintética
tipo de radar para obter imaxes de obxectos e superficies / From Wikipedia, the free encyclopedia
O radar de apertura sintética (SAR polas súas siglas en inglés, Synthetic-aperture radar) é un tipo do radar co que se obteñen imaxes mediante síntese de apertura. Como o radar normal, é unha técnica de detección activa na que as antenas emiten enerxía electromagnética para logo detectar a enerxía reflectida por obxectos e superficies.[1]