Rachel McAdams
Actriz canadense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rachel Anne McAdams, nada en London (Ontario) o 17 de novembro de 1978, é unha actriz canadense de cinema e televisión nomeada ao Premio Oscar.
Despois de se graduar nun programa de teatro de catro anos na Universidade de York, en 2001, traballou constantemente en producións canadenses, como My Name is Tanino (2002), Perfect Pie (2002) ou a serie Slings and Arrows (2003-2005), até atopar a sona en filmes coma Mean Girls (2004) ou o coñecido drama romántico The Notebook de 2004, coñecida en Galicia co nome O diario de Noah.[1] Por esta última actuación Rachel logrou estupendas críticas.
Posteriormente participou en filmes coma Red Eye (2005), Wedding Crashers (2005), The Family Stone (2005), Married Life (2008), State of Play (2009), Alén do tempo (2009), Sherlock Holmes (2009) e a súa segunda parte, Morning Glory (2010) e Midnight in Paris (2011), About Time (2013), Spotlight (2015) entre outras. Por este último filme está nomeada aos Oscar 2016 coma mellor actriz secundaria.
É considerada polos medios de comunicación como "a nova moza de Hollywood", así como "a vindeira Julia Roberts".[2][3]