político arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia
Raúl Ricardo Alfonsín, nado en Chascomús (Buenos Aires), o 12 de marzo de 1927 e finado na cidade de Buenos Aires o 31 de marzo de 2009, foi un avogado, político e activista dos dereitos humanos arxentino de ascendencia galega. Foi concelleiro, deputado provincial, deputado nacional, senador nacional e Presidente Constitucional da Arxentina desde 1983 até 1989.
Foi o maior dos 6 fillos de Serafín Raúl Alfonsín Ochoa e Ana María Foulkes. O seu avó paterno foi un inmigrante galego chamado Serafín Alfonsín e foi quen fundou un almacén de ramos generales (similar a ultramarinos) no Chascomús, unha cidade agrícola-gandeira a 100 quilómetros de Buenos Aires, a onde tamén emigraron polo menos cinco dos seus sete irmáns[1]. O seu pai continuou co almacén durante toda a vida. Descendente de galego por parte de pai e de alemáns por parte da nai.
A súa familia galega proviña de Casaldarnós, en Ribadumia, provincia de Pontevedra.[2]
O 10 de decembro de 1983 Raúl Alfonsín asumiu a presidencia da Arxentina. O seu goberno enfrontou dous grandes problemas: a consolidación da democracia e o encauzamento económico condicionado pola inflación e a crise da débeda.
O goberno de Alfonsín enfrontou, como se dixo, o problema da transición cara á democracia nun país acabado de saír dunha ditadura militar que relizara unha brutal represión.
O 15 de decembro de 1983 Alfonsín sancionou os decretos 157/83 e 158/83. No primeiro ordenouse levar a xuízo aos dirixentes das organizacións guerrilleiras ERP e Montoneros; nun segundo decreto ordenouse o xuízo ás Xuntas que dirixiran o país desde o golpe militar de 24 de marzo de 1976 até a guerra das Malvinas.
O 9 de decembro de 1984 ditouse a sentenza condenando a Jorge Rafael Videla e Eduardo Massera a reclusión perpetua, a Roberto Viola a 17 anos de cárcere, a Armando Lambruschini a 8 anos e a Orlando Ramón Agosti a 4 anos. Polas características da condena ás Xuntas militares realizada no goberno democrático foi un acto xudicial sen precedentes no mundo, que contrastou fortemente coas transicións negociadas que tiveron no Uruguai, Chile, Brasil, España, Portugal e Suráfrica.
A situación económica e social na que Alfonsín asumiu o goberno foi realmente negativa, interna e externamente. Externamente, no 1982, a crise da débeda externa latinoamericana, ante a moratoria de México e a negativa dos acredores a refinanciar os préstamos, así como a esixencia de que a débeda fose cancelada cos activos dos Estados debedores. A débeda externa arxentina foi de 7.875 millóns de dólares ao finalizar 1975, e de 45.087 millóns de dólares ao finalizar 1983.
Durante o seu goberno leváronse a cabo plans económicos como o Plan Austral ou o Plan Primavera, mais non puideron manter os resultados no tempo, envorcando nunha situación de crise no ano 1989.
En abril de 1988, a Arxentina entrou na moratoria de pago da súa débeda externa. Deseñouse o Plan Primavera en outubro de 1988.
O Plan Primavera durou pouco. Non xerou confianza. Amais, a comezos de 1989, o Banco Mundial suspendeu a axuda a Arxentina. En xaneiro de 1989 iniciouse unha desbandada masiva cara ao dólar. A inflación acadou o 78,4% en maio. O mal clima económico propiciou o adianto das eleccións e mais dun novo presidente (debido a súa renuncia o 9 de xullo de 1989).
Os homes pasan, as ideas fican e transfórmanse no lume que mantén viva a política democrática.
Unha rúa en Ribadumia leva o seu nome. Foi inaugurada coa súa presenza o 29 de novembro de 2003 así como tamén coa presenza da alcandesa de Ribadumia naquel momento, Salomé Peña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.