O Rosenlewin Urheilijat-38, tamén coñecido como RU-38, foi un equipo de hóckey sobre xeo da fábrica de Rosenlew de Pori, Finlandia. O equipo naceu en 1938, mais o seu equipo de hóckey sobre xeo comezou a súa actividade posteriormente. O RU-38 tiña diversas seccións e inicialmente o Rosenlew foi moi coñecido polo seu equipo de fútbol no verán e polo de bandy noo inverno. Na década de 1950 comezou a involucrarse máis seriamente no hóckey sobre xeo.
O RU-38 gañou o campionato finlandés en 1967. Despois de conseguir o campionato o equipo fusionouse co seu rival, Porin Karhut. Da fusión naceu Porin Ässät, que na actualidade compite na liga profesional finlandesa, a Liiga.
A Kanada-malja (Copa Canadá) era entregada ao equipo campión da SM-sarja, e actualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. RU-38 proclamouse campión de Finlandia en 1967.[1]
Trofeo Veli-Pekka Ketola:[lower-alpha 1] outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Tan só un xogador do equipo conseguiu o galardón:[1]
Matti Keinonen: 1967
Trofeo Raimo Kilpiö:[lower-alpha 1] entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de RU-38, entre outros, e da selección nacional. O mesmo xogador que lle dá o seu nome ao trofeo foi o único xogador do equipo en recibilo:[1]
Raimo Kilpiö: 1967
Equipo das estrelas: dende que se comezaron a deseñar os equipos das estrelas en 1962 varios xogadores do equipo foron escollidos para confeccionar o mellor equipo da liga: