Río Kaveri
río da India From Wikipedia, the free encyclopedia
río da India From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kaveri é un dos ríos principais do sur da India, cunha lonxitude de 760 km, vertendo as súas augas no golfo de Bengala. A grafía inglesa Cauvery foi moi utilizada. O río aparece xa na Xeografía de Claudio Tolomeo como Khaberos.
Tipo | río principal curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Karnataka, India e Tamil Nadu, India | |||
Final | ||||
Localización | Golfo de Bengala | |||
| ||||
Afluentes | Amaravathi River (en) , Hemavati River (en) , Shimsha (en) , Arkavati (en) , Kabini River (en) , Noyyal River (en) , Bhavani River (en) , Lakshmana Tirtha (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 765 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 80.000 km² | |||
O Kaveri nace nos montes Gates occidentais, en Talakaveri, unha cidade santa, a 1.276 m.s.n.m., para entrar logo no estado federal de Karnataka. Neste estado o río divídese en dous brazos, formando a illa de Sivasamudram, antes de caer desde unha altura duns 100 metros nas fervenzas do Kaveri, que son estimadas como das máis fermosas da India. Logo atravesa o estado de Tamil Nadu, onde baña as cidades de Tanjavûr e de Tiruchirapalli , para finalmente dasaugar no golfo de Bengala, ao sur de Gondelur, nun grande delta de máis de 150 km, moi fértil e servido por canles de rego.
Entre os principais de entre os numerosos tributarios do Kaveri están: o Hemavati, o Arkavathy, o Lakshmana Tirtha, o Kabini, o Bhavani, o Noyyal e o Amaravati.
Para aproveitar as súas augas para regar os campos, o Kaveri conta con obras moi antigas, especialmente no delta, como os encoros de Grande Anikut ou o de Kallanai, este construído no século II por Karikâla, durante o período da dinastía Chola.
Nas fervenzas do Kaveri, en 1902, foi levantada a fábrica de electricidade máis antiga da India.
O Kaveri está considerado como o segundo río máis santo do país, de xeito que con frecuencia é chamado o "Ganxes do sur". Forma parte da nómina dos sete ríos sagrados da India.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Kaveri |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.