![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/Calamocha_-_Ponte_Romano.jpg/640px-Calamocha_-_Ponte_Romano.jpg&w=640&q=50)
Río Jiloca
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Jiloca é un río de Aragón, afluente principal do río Jalón, que desemboca no Ebro. O seu curso transcorre polas provincias de Teruel e Zaragoza e polas comarcas de Comunidade de Teruel, Jiloca, Campo de Daroca e Comunidade de Calatayud. Ten unha unha lonxitude de 126 km e drena unha cunca de 2.957 km². O seu caudal en Calatayud é de 293 hm³/ano, pero, dada a súa localización, é moi irregular cunha estiaxe moi marcada e máximos no outono e primavera.