Río Escalda
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Escalda[Cómpre referencia] (en neerlandés Schelde, en francés Escaut, en alemán Schelde, en inglés Scheldt) é un río que nace en Francia, atravesa Bélxica e desemboca no mar do Norte, en territorio dos Países Baixos.
Tipo | río principal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Francia | ||||
División administrativa | Aisne, Francia, canton of Le Catelet, Francia (en) e arrondissement of Saint-Quentin, Francia (en) | ||||
Localización | Gouy | ||||
Final | |||||
Localización | Mar do Norte | ||||
| |||||
Afluentes | 35 | ||||
Conca hidrográfica | Scheldt basin (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 355 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 35.500 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 120 m³/s | ||||
O río desempeñou un papel determinante no desenvolvemento político e económico da zona, no que hoxe é Flandres, Brabante e Hainaut.
Orixínase en Gouy, no departamento de Aisne, no norte de Francia. Diríxese cara ao noroeste e pasa polas cidades de Cambrai e Valenciennes; máis abaixo atravesa a fronteira con Bélxica e baña as cidades de Tournai e Gante. En Gante úneselle o río Lys, o seu principal afluente pola esquerda. Desde aquí diríxese cara ao leste. Preto de Anveres, a maior das cidades no seu curso, o Escalda diríxese cara ao oeste, penetra nos Países Baixos e finalmente desemboca no mar do Norte. Ten unha lonxitude de 355 km.
A súa desembocadura mariña ábrese nun amplo estuario de varios quilómetros de anchura, onde os seus depósitos sedimentarios deron orixe a unha riqueza ecolóxica pouco común.
O Escalda, polo seu escaso desnivel, é un río lento, de pouca potencia de fluxo. Por iso as mareas fanse sentir ata unha distancia de 160 km desde a súa desembocadura no mar. Son moi importantes os diques realizados en Zelandia (Países Baixos) para protexer as terras das inundacións das mareas e dos temporais.
Ao longo do seu curso e o dos seus principais afluentes construíronse uns 250 diques e esclusas, entre os que podemos citar a Scarpe, a Lys e a Sensée.
O río Escalda é navegable desde a cidade francesa de Cambrai e constitúe unha importante vía de navegación, sendo o porto de Anveres o segundo en importancia de Europa. Varias canles, incluído o canle Alberto, conectan o Escalda coas concas dos ríos Rin, Mosa e Sena, e coas áreas industriais de Bruxelas, Liexa, Lille e Mons.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Escalda |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.