Río Ave
río en Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ave é un río en Portugal, que nace na Serra da Cabreira, municipio de Vieira do Minho, a uns 1200 m de altitude. Percorre uns 91 km e desemboca no Océano Atlántico, ao sur de Vila do Conde. A súa conca hidrográfica ten unha superficie aproximada de 1390 km², abranguendo 15 concellos. O río baña sucesivamente os municipios de Vieira do Minho, Póvoa de Lanhoso, Guimarães, Vila Nova de Famalicão, Santo Tirso, Trofa e Vila do Conde.
Datos rápidos Ave, País ...
Ave | |
---|---|
Vista do río Ave en Vila do Conde | |
País | ![]() |
Rexión | Rexión Norte, Portugal |
Nacemento | Serra da Cabreira |
Altitude | Nacemento: 1200 m |
Lonxitude | 94 km |
Pechar
Os seus afluentes máis importantes son o río Este (marxe dereita) e o río Vizela (marxe esquerda), con especial incidencia nos ríos Pele e Pelhe.