xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Os quetzais[1][2] (Pharomachrus) son un xénero de aves da familia dos trogónidos (Trogonidae). Teñen unha dieta variada, que inclúe moitos froitos (sobre todo das árbores lauráceas) e tamén insectos e ras. O seu hábitat é a selva montañosa, en espazos húmidos. Xeralmente poñen dous ovos (cor azul pálida) por niñada no buraco dunha árbore.[3][4]
Quetzal | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pharomachrus mocinno | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Até anos recentes, creuse que o quetzal non podía procrear nin vivir moito tempo en cativerio, polo que é un símbolo tradicional da liberdade. Porén, no 2004 anunciouse que uns quetzais tiveron crías nun aviario privado de Ixtapaluca (Estado de México), administrado pola Fundación Vida Silvestre Dr. Estudillo López.[5][6]
O quetzal é a ave nacional de Guatemala e esta ave xoga un papel importante na mitoloxía prehispánica e moderna da rexión. Os reis e sumos sacerdotes anciáns levaban tocados de plumas de quetzal.
Na voz náhuatl, quetzal (que provén, á súa vez, de quetzalli) significa precioso ou belo; noutras voces mesoamericanas significa sacro ou erixido. Segundo o American Heritage Dictionary, quetzalli pode traducirse como «cola longa de plumas brillantes» e, segundo o Merriam-Webster Collegiate Dictionary, como «cola cuberta do quetzal». En canto á súa clasificación latina, Pharomachrus provén do grego antigo pharos, «manta», e makros, «longo», en referencia á aleta e cola cuberta da ave.
Aínda que todas as especies do xénero Pharomachrus chámanse quetzais, a palabra soa usábase orixinalmente para denominar ó Pharomachrus mocinno, o quetzal centroamericano ou mesoamericano. En total, coñécense cinco especies:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.