Pyramiden
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pyramiden (en noruegués significa "a pirámide"; en ruso escríbese Пирамида, transcrito como "Piramida") foi un asentamento mineiro de carbón soviético no arquipélago de Svalbard, Noruega. Actualmente, só unha persoa a habita no inverno e pode chegar a ter dez no verán. Fundárona os suecos en 1910, pero en 1927 foi vendida á Unión Soviética. Pyramiden pechouse en 1998 e desde entón permaneceu practicamente abandonada, coa maior parte da súa infraestrutura e dos edificios aínda en pé. Desde 2007 houbo diversas iniciativas para facer dela unha atracción turística.
(ru) Пирамида | |||||
Tipo | asentamento | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Spitsbergen | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Svalbard, Noruega | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 37 m | ||||
Superficie | 2 km² | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1910 | ||||
Actividade | |||||
Propietario | Arktikugol (en) | ||||
Pyramiden está ao pé do Billefjorden na illa de Spitsbergen. A localidade está situada nas inmediacións da baía de Adolfbukta, na parte oriental de Spitsbergen, onde se sitúa o glaciar de Nordenskjøldbree. Recibiu o seu nome da homónima montaña con forma de pirámide que queda xunto á cidade.[1] Os asentamentos máis próximos son a capital de Svalbard, Longyearbyen, a uns cincuenta quilómetros ao sur, Barentsburg, a uns cen quilómetros ao suroeste, e a pequena comunidade científica de Ny-Ålesund, cen quilómetros ao oeste.
Cando Pyramiden estaba habitada, era en gran parte autosuficiente. A importante cantidade de carbón dispoñible facía que fose posible dispor de moitas tubaxes que transportaban auga quente para a calefacción das casas, a piscina de auga salgada quente, os invernadoiros e as cortes. Co estérco de vacas, os porcos e as aves, fertilizábase os hortos en invernadoiros, onde se cultivaban entre outros, tomates, pementos, cogombros, perexil, cebolas, leitugas e plantas ornamentais. O ano 1975 producíronse 35.000 kg de carne, 48.000 litros de leite, 110.000 ovos e 5.700 kg de verduras.[2]
Propiedade da compañía mineira estatal rusa Arktikugol Trust, Pyramiden chegou a ter máis de mil habitantes. O 31 de marzo de 1998 extraeuse o derradeiro carbón da mina e os últimos residentes permanentes abandonárono o 10 de outubro.[3] Ata 2007, Pyramiden era practicamente unha cidade fantasma onde, dentro dos edificios, as cousas se conservaban practicamente como estaban cando o asentamento foi abandonado.[4]
O autor noruegués Kjartan Fløgstad escribiu un libro sobre Pyramiden.[5] Un recente episodio do programa da canle de televisión History titulado A terra sen humanos estivo dedicado a esta cidade. Predíxose que, debido ao lento ritmo de decadencia nun clima fríxido, os principais edificios desta cidade abandonada seguirán sendo visibles durante outros cincocentos anos.[6]
Á parte do único habitante estable, só quedan cinco ou seis persoas que se dedican ao mantemento e algúns guías turísticos.[7]
Pyramiden é accesible por barco ou con moto de neve desde Longyearbyen e non hai restricións para a visitar. Os edificios aínda son propiedade de Arktikugol Trust e non se permite entrar neles sen permiso, aínda que o vandalismo e o roubo de "lembranzas" se converteron nunha ameaza seria para Pyramiden, xa que contribúen a acelerar a súa degradación.[8]
Desde 2007, a empresa Arktikugol estivo renovando o hotel e mellorando a súa infraestrutura, o que inclúe a edificicación dunha nova estación de enerxía con motores diésel, para acomodar turistas no antigo asentamento. Ata 30 traballadores estiveron vivindo no lugar todo o ano para o mantemento das instalacións e guiar os turistas que veñen de visita desde Longyearbyen.[9]
En 2009 os rusos construíron un hotel e agora pódese facer visitas guiadas en ruso, noruegués e inglés. En 2013 reabriu o hotel Tulip para poder quedar á noite en Pyramiden. Ademais, hai tamén outro quequeno hotel construído con antigos colectores preto da baía.[10] Con todo, non hai plan ningún de renovar e reabrir o asentamento no seu conxunto.
En 2014 a cantante sueca Tove Styrke gravou un vídeo musical en Pyramiden para o seu single Borderline.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.