política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María Purificación Seixido Gómez,[1] nada en Cariño o 19 de novembro de 1966, é unha escritora e política galega.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1966 (58 anos) Cariño, España |
Alcaldesa de Cariño | |
2011 – 2015 ← José Luis Armada Castro – José Miguel Alonso Pumar → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cariño |
Ocupación | Escritora e política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é Técnico Superior en Realización Audiovisual pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Comezou a traballar como guionista no ano 2000 e continúa a súa actividade até hoxe.
Implicada na rede asociativa e na vida pública cariñesas, presentouse como cabeza de lista do BNG ás eleccións municipais de 2011, nas que gañou a alcaldía,[3] cargo que desempeñou ata 2015. Tras ese período de actividade política, retomou o seu traballo no sector audiovisual.
Tamén foi membro da directiva da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) entre o 2008 e o 2013, e do Consello Territorial de SGAE en Galicia entre o 2013 e o 2020.
Traballou como guionista para series da Televisión de Galicia:
Tamén foi guionista da curtametraxe A Escola das Areas (2002) e da película Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde (2011).[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.