Purgatorio
lugar intermedio onde se expían os pecados trala morte / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na teoloxía católica, o purgatorio é o lugar de limpeza e expiación dos pecados onde, despois da morte, as persoas que morreron sen pecado mortal (ofensa directa a Deus), pero que cometeron pecados leves na súa vida, teñen que limpar esas culpas para poder alcanzar o ceo. Debido a que todo aquel que entra no purgatorio terminará chegando ó ceo tarde ou cedo, o purgatorio non é unha forma de inferno. As pregarias polos mortos e as indulxencias poden abreviar a estadía dun ou varios dos seres queridos que estean en dito lugar.
Na igrexa de San Vicenzo de Cespón (Boiro) pode observarse este relevo coa seguinte inscrición:
|
| |