Os equinoccios[1] son os dous puntos de intersección do plano da eclíptica co plano ecuatorial da esfera celeste, isto prodúcese dúas veces ao ano, nos chamados primeiros Puntos de Aries e Libra.
UTC Táboa coas horas e datas dos solsticios e equinoccios | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ano | Equinoccio marzo | Solsticio xuño | Equinoccio set | Solsticio dec | ||||
día | hora | día | hora | día | hora | día | hora | |
2002 | 20 | 19:16 | 21 | 13:24 | 23 | 04:55 | 22 | 01:14 |
2003 | 21 | 01:00 | 21 | 19:10 | 23 | 10:47 | 22 | 07:04 |
2004 | 20 | 06:49 | 21 | 00:57 | 22 | 16:30 | 21 | 12:42 |
2005 | 20 | 12:33 | 21 | 06:46 | 22 | 22:23 | 21 | 18:35 |
2006 | 20 | 18:26 | 21 | 12:26 | 23 | 04:03 | 22 | 00:22 |
2007 | 21 | 00:07 | 21 | 18:06 | 23 | 09:51 | 22 | 06:08 |
2008 | 20 | 05:48 | 20 | 23:59 | 22 | 15:44 | 21 | 12:04 |
2009 | 20 | 11:44 | 21 | 05:45 | 22 | 21:18 | 21 | 17:47 |
2010 | 20 | 17:32 | 21 | 11:28 | 23 | 03:09 | 21 | 23:38 |
2011 | 20 | 23:21 | 21 | 17:16 | 23 | 09:04 | 22 | 05:30 |
2012 | 20 | 05:14 | 20 | 23:09 | 22 | 14:49 | 21 | 11:11 |
2013 | 20 | 11:02 | 21 | 05:04 | 22 | 20:44 | 21 | 17:11 |
2014 | 20 | 16:57 | 21 | 10:51 | 23 | 02:29 | 21 | 23:03 |
2015 | 20 | 22:45 | 21 | 16:38 | 23 | 08:20 | 22 | 04:48 |
2016 | 20 | 04:30 | 20 | 22:34 | 22 | 14:21 | 21 | 10:44 |
2017 | 20 | 10:28 | 21 | 04:24 | 22 | 20:02 | 21 | 16:28 |
2018 | 20 | 16:15 | 21 | 10:07 | 23 | 01:54 | 21 | 22:23 |
2019 | 20 | 21:58 | 21 | 15:54 | 23 | 07:50 | 22 | 04:19 |
2020 | 20 | 03:50 | 20 | 21:44 | 22 | 13:31 | 21 | 10:02 |
2021 | 20 | 09:37 | 21 | 03:32 | 22 | 19:21 | 21 | 15:59 |
2022 | 20 | 15:33 | 21 | 09:14 | 23 | 01:04 | 21 | 21:48 |
2023 | 20 | 21:24 | 21 | 14:58 | 23 | 06:50 | 22 | 03:27 |
2024 | 20 | 03:07 | 20 | 20:51 | 22 | 12:44 | 21 | 09:20 |
Tamén se pode definir como as dúas datas do ano nas que a órbita da Terra arredor do Sol (a eclíptica) atravesa o plano orbital da Terra en relación ao fondo de estrelas, ou ecuador celeste, e polo tanto, o Sol está á mesma distancia do Polo norte e sur terrestres.
Características
Ese día tódolos puntos da terra reciben o mesmo número de horas luz do Sol (día) e sombra (noite). O equinoccio marca a variación máis rápida de horas de Sol no ano, cuns 3 mi de aumento a latitudes como a correspondente a Galicia.
Ocorre dúas veces ó ano, unha no contorno do 21 de marzo (equinoccio de primavera) e outra no contorno do 21 de setembro (equinoccio de outono).
- O equinoccio de setembro (equinoccio de outono no hemisferio norte e de primavera no sur) é o punto no cal o Sol pasa do hemisferio norte ó sur, cousa que ocorre cara ó 21 de setembro, iniciándose o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur. Coñécese tamén como Punto Libra. A súa ascensión recta é de 12 horas e a súa declinación é nula.
- O equinoccio de marzo (equinoccio de primavera no hemisferio norte e de outono no sur) é o punto no que o Sol pasa do hemisferio sur ó norte, cousa que ocorre cara ao 21 de marzo (iniciándose a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur). Coñécese tamén como Punto Aries ou Punto Vernal. É a orixe da ascensión recta e tanto ela como a declinación son nulas.
Debido á precesión dos equinoccios os Puntos Aries e Libra retroceden 50,25" ó ano, polo que na actualidade o equinoccio de outono deixou de estar na constelación Libra e atópase na súa veciña Virgo e o punto Aries non se acha na constelación Aries (como cando foi calculado por primeira vez, hai polo menos un par de miles de anos) senón na súa veciña Pisces. Os puntos de Aries e Libra están en total oposición.
No 2004, o equinoccio de primavera produciuse ás 6:49 (hora oficial en España) segundo o Observatorio Astronómico Nacional, dando comezo á primavera (no hemisferio norte, que durará 92 días, 18 h e 8 min, ata o 21 de xuño, no que o solsticio de verán dará paso a esta estación. Neses mesmos momentos, no hemisferio sur comeza o outono e o inverno, respectivamente.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.