Puntlandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Puntlandia,[1] oficialmente Estado de Puntlandia de Somalia (en somalí, Maamul Goboleedka Buntlaand ee Soomaaliya; en árabe, أرض البنط Ārḍ al-Bunṭ), é un estado autoproclamado autónomo de Somalia.
ولاية أرض البنط الصومالية (ar) Dowlada Puntland ee Soomaaliya (so) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Somalia | ||||
Capital | Garoowe (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua somalí árabe | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 212.510 km² | ||||
Creación | 1 de agosto de 1998 | ||||
Organización política | |||||
• President of the Puntland (en) | President of the Puntland (en) Vice President of Puntland (en) | ||||
• Xefe do goberno | Said Abdullahi Mohamed (en) (2019–) Ahmed Elmi Osman (en) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Puntland Parliament (en) , (Escano: 66) | ||||
Moeda | xelim somaliano (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .so | ||||
Prefixo telefónico | +252 | ||||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ocupa o extremo do chamado Corno de África, ao nordeste de Somalia, e ao leste da autoproclamada República de Somalilandia.
Puntlandia, a diferenza de Somalilandia, formaba parte da Somalia italiana na época colonial, pero a desintegración do Estado somalí, no que non hai goberno central efectivo, e a atroz guerra civil somalí, trouxo como consecuencia que cada rexión estea controlada por señores da guerra. Puntlandia tomou esta decisión en 1998.
A rexión autónoma está nun dos puntos xeográficos máis estratéxicos do mar Vermello e o océano Índico.
Non foi recoñecido por ningún país, nin por ningunha organización internacional. Ademais, desde a súa creación, Puntlandia ten conflito coa tamén separada Somalilandia, por zonas fronterizas, e así tamén cos clans do resto de Somalia.
Ao mesmo tempo Puntlandia segue considerándose parte de Somalia coa autoimposta obriga de restaurar e manter a unidade de Somalia con base nun sistema federal.