Punga Mare é un lago da lúa de Saturno, Titán, está situado a 85,1° N 339,7° O e ten un diámetro do redor de 380km[1]. O seu nome provén de Punga, ser sobrenatural da mitoloxía maorí, pai das quenllas e iguanas, e fillo do deus Tangaroa.
Imaxe dos lagos do polo norte de Titán. Podemos ver ó completo e cara a esquina inferior dereita o Ligeia Mare, á súa esquerda e atravesado por unha parte do mapa en branco, podemos ve-lo Kraken Mare coa súa grande illa do norte, a Mayda Insula, máis o norte (case sobre o polo) podemos ver parte do Punga Mare.
Datos rápidos Mapa do Punga Mare., Tipo de accidente xeolóxico ...