Psilocibina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A psilocibina (tamén coñecida como 4-PO-DMT o 4-fosforiloxi-N,N-dimetiltriptamina) é unha substancia química, un alcaloide alucinóxeno da familia das triptaminas que actúa sobre o sistema nervioso central. Polos seus efectos, similares aos do LSD pero de menor duración, considérase unha droga. Está presente nalgúns fungos e cogomelos, especialmente nos do xénero Psilocybe, como Psilocybe cubensis e Psilocybe semilanceata, entre outras especies. A maioría destes son coñecidos como cogomelos psicodélicos (ás veces tamén como cogomelos máxicos) e medran en Europa, América do Sur, México e Estados Unidos. Poden causar alucinacións cando se come, e tamén se descubriu que reverte o condicionamento psicolóxico, fai crecer as células cerebrais e pode curar certas afeccións do cerebro.[1] Atópase en moitos tipos de fungos e cogomelos, sobre todo nos Psilocybes. A substancia úsase como droga recreativa e é ilegal en moitos países.
A psilocibina funciona activando os receptores da serotonina, a maioría das veces no córtex prefrontal. Esta parte do cerebro afecta o estado de ánimo, a cognición e a percepción. Os alucinógenos tamén funcionan noutras rexións do cerebro que regulan as respostas de excitación e pánico.[2] Os efectos alucinóxenos da psilocibina adoitan ocorrer dentro dos 30 minutos seguintes a que unha persoa a inxira e duran entre 4 e 6 horas. Nalgúns individuos, os cambios na percepción sensorial e nos patróns de pensamento poden durar varios días.
En 2016, os investigadores de universidade Johns Hopkins Medicine informaron por primeira vez de que o tratamento con psilocibina en condicións de apoio psicolóxico aliviou significativamente a ansiedade e a depresión existenciais nas persoas.[3]