Pseudomonas putida
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pseudomonas putida é unha especie de bacteria gramnegativa con forma de bacilo, saprotrófica que vive no solo. Baseándose en análises de ARNr 16S, confirmouse que P. putida é taxonomicamente unha especie de Pseudomonas (sensu stricto) e foi situada, xunto con outras especies, no grupo P. putida dese xénero, que leva o seu mesmo nome.[1]
Pseudomonas putida | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pseudomonas putida' Trevisan, 1889 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Bacillus fluorescens putidus" Flügge 1886 |
Unha variedade de P. putida, chamada Pseudomonas degradadora de hidrocarburos multiplásmidos, é o primeiro organismo que foi patentado no mundo. Como é un organismo vivo, a patente foi discutida e levada ante a Corte Suprema dos Estados Unidos no seu histórico caso Diamond contra Chakrabarty, que gañou o inventor, Ananda Mohan Chakrabarty. O organismo mostra un metabolismo moi diverso, incluíndo a capacidade de degradar solventes orgánicos como o tolueno.[2] Esta capacidade aproveitouse para usala en biorremediación ou degradación de contaminantes ambientais. O uso de P. putida é preferible ao dalgunhas outras especies de Pseudomonas que poden facer esa degradación, xa que é unha bacteria inofensiva, a diferenza de P. aeruginosa, por exemplo, que e un patóxeno humano oportunista.