![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/06/Morocco-spanish-protectorate-1955-a.svg/langgl-640px-Morocco-spanish-protectorate-1955-a.svg.png&w=640&q=50)
Protectorado Español de Marrocos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Protectorado Español de Marrocos (en árabe: حماية إسبانيا في المغرب ḥimāyat Isbāniyā fi-l-Magrib) é a figura xurídica aplicada a unha serie de territorios de Marrocos nos que España, segundo os acordos franco-españois asinados o 27 de novembro de 1912, exerceu un réxime de protectorado.
Protectorado español en Marruecos (es) الحماية الإسبانية على المغرب (ar) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Tetuán ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua castelá ![]() | ||||
Relixión | Islam ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 30 de marzo de 1912 ![]() | ||||
Disolución | 6 de abril de 1956 ![]() | ||||
Sucedido por | Marrocos ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | protectorado ![]() | ||||
Moeda | Peseta ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
![]() |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O protectorado consistía en dous territorios do actual Marrocos, xeograficamente separados: a zona do norte de Marrocos, que inclúe as rexións do Rif e Yebala, e a de Tarfaya, lindando coa ex colonia española do Sáhara Español, ao suroeste e ao norte co río Draa como fronteira. Oito meses antes dos acordos, Francia creara o seu propio protectorado sobre a maior parte do actual Marrocos. Con todo, a creación dunha administración colonial sobre os territorios do protectorado no Rif non se produciría ata 1927, unha vez a zona fora pacificada. O protectorado duraría ata o día 7 de abril de 1956, salvo o que se coñecía como o protectorado meridional ou rexión norte das tres en que se dividiu o Sáhara Español.