Proteína quinase
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha proteína quinase[1] é un encima de tipo quinase que modifica outras proteínas engadíndolles quimicamente grupos fosfato (fosforilación). A fosforilación xeralmente ten como resultado un cambio funcional na proteína diana (o substrato) ao modificar a súa actividade encimática catalítica, a súa localización celular ou a súa asociación con outras proteínas. O xenoma humano contén uns 560 xenes de proteína quinase, que constitúen un 2% de todos os xenes humanos.[2] Aproximadamente un 30% de todas as proteínas humanas poden ser modificadas pola actividade quinase, e as quinases regulan a maioría das vías celulares, especialmente as implicadas na transdución de sinais. As proteína quinases tamén se encontran en bacterias e plantas, e inclúen a subfamilia das pseudoquinases. As pseudoquinases mostran características pouco comúns,[3] como a unión a nucleótidos atípicos e unha actividade catalítica débil ou nula [4] e forman parte dun grupo máis grande de pseudoencimas (é dicir, de proteínas relacionadas con encimas "degradados") que se encontran en todos os tipos de organismos, nos que teñen unha activa participación na mecánica da sinalización celular.[5]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Ch4_kinases.jpg/320px-Ch4_kinases.jpg)