From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha proteína de transporte ou transportadora (tamén chamada segundo os casos bomba transmembrana, transportador, proteína de escolta, proteína de transporte de ácidos, proteína de transporte de catións ou proteína de transporte de anións) é unha proteína que exerce a función de trasladar outros materiais dentro do organismo ou da célula. As proteínas de transporte son vitais para o crecemento e a vida de todos os organismos vivos. Hai varios tipos de proteínas de transporte.
As proteínas carexadoras ou transportadoras (carrier proteins) son proteínas implicadas no movemento de ións, pequenas moléculas ou macromoléculas, como outra proteína, a través dunha membrana biolóxica.[1] As proteínas carrexadoras son proteínas integrais de membrana; é dicir, están situadas dentro da membrana e esténdense nela dun lado ao outro, que transportan substancias. As proteínas poden axudar ao movemento de substancias por difusión facilitada (é dicir, transporte pasivo) ou por transporte activo. Estes mecanismos do movemento denomínanse transporte mediado por transportador.[2] Cada proteína carrexadora está deseñada para recoñecer só unha substancia ou un grupo de substancias moi similares. Os investigadores suxiren que as canles de potasio, calcio e sodio poden funcionar como sensores de oxíxeno en mamíferos e plantas,[3][4] e teñen defectos correlacionados en proteínas carrexadoras específicas con enfermidades específicas.[5] Unha proteína transportadora de membrana (ou simplemente transportador) é unha proteína de membrana[6] que actúa como carrexador.
Unha proteína de transporte vesicular é unha proteína asociada a membrana ou transmembrana. Regula ou facilita o movemento de vesículas con contidos da célula.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.