Programa Viking
From Wikipedia, the free encyclopedia
O programa Viking da NASA consistiu en dúas misións non tripuladas ao planeta Marte, coñecidas como sondas Viking I e Viking II. Cada misión posuía un satélite deseñado para fotografar a superficie marciana dende a órbita do planeta, e actuar coma un "intermediario" de comunicacións entre a Terra e a sonda Viking que aterraría no planeta. Foi a misión máis cara e ambiciosa endexamais enviada a Marte. Foi moi exitosa, e proporcionou a maior parte da información sobre Marte da que se dispuxo ata finais da década de 1990.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O programa Viking xurdiu do programa Voyager cara Marte, un esforzo máis ambicioso e cronoloxicamente anterior ao Viking, que non estaba relacionado có exitoso programa Voyager de sondas espaciais.
A Viking I lanzouse o 20 de agosto de 1975, e a Viking II, o 9 de setembro do mesmo ano, ambas as dúas a bordo dun foguete Titan IIIE. Cada nave consistía nunha sección destinada a orbita-lo planeta, e outra pensada para aterrar. Despois de orbita-lo planeta e devolver imáxes usadas para seleccionar un sitio de aterraxe adecuado, as dúas seccions da sonda separabanse, e a sección de aterraxe ingresaba na atmosfera de Marte, aterrando suavemente no lugar elixido.
Os orbitadores continuaban fotografando e levando a cabo outras operacións científicas, mentres as seccións que aterraron despregaban instrumental científico na superficie. A sonda (composta de ambas partes) completamente cargada de combustible, tiña unha masa de 3.527 kg. Despios da separación e aterraxe, a masa do orbitador era de 900 kg, e a do aterrador, de 600 kg.