![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/Emblem_of_Ethiopia.svg/langgl-640px-Emblem_of_Ethiopia.svg.png&w=640&q=50)
Primeiro ministro de Etiopía
cargo político de Etiopía / From Wikipedia, the free encyclopedia
O primeiro ministro de Etiopía é o xefe do goberno e o xefe executivo de Etiopía. É a figura máis poderosa da política etíope e comandante en xefe das Forzas Armadas de Etiopía. A residencia oficial do primeiro ministro, é o Palacio Menelik en Adís Abeba. O actual primeiro ministro é Abiy Ahmed da FDRPE, o 15º xefe de goberno de Etiopía e o cuarto[2] primeiro ministro desde que a nova constitución formou a República Democrática Federal de Etiopía.
Primeiro ministro de Etiopía የኢትዮጵያ ጠቅላይ ሚኒስትር | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Residencia | Palacio Menelik, Adís Abeba |
Nomeado por | Presidente de Etiopía |
Creación | 1909 (Ministro xefe) 1943 (Primeiro ministro) |
Primeiro titular | Habte Giyorgis Dinagde (Ministro xefe) Makonnen Endelkachew (Primeiro ministro) |
Salario | 3.600$ anuais[1] |
Sitio web | pmo.gov.et |
Etiopía é unha república parlamentaria co presidente como xefe de Estado e o primeiro ministro como xefe de goberno. Non obstante, a diferenza da maioría das repúblicas parlamentarias, a Constitución de Etiopía de 1995 delega explicitamente o poder executivo no Consello de Ministros e nomea ao primeiro ministro como xefe do executivo, tendo o presidente un papel case enteiramente cerimonial.
O primeiro ministro é elixido entre os membros da Cámara de Representantes.[3] O nomeado presenta entón unha plataforma gobernamental e debe recibir un voto de confianza para converterse en primeiro ministro. Na práctica, o primeiro ministro adoita ser o líder do maior partido na Cámara dos Representantes Populares.