![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5e/Jean-Louis-Ernest_Meissonier-Campagne_de_France.jpg/640px-Jean-Louis-Ernest_Meissonier-Campagne_de_France.jpg&w=640&q=50)
Primeiro Imperio Francés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Primeiro Imperio Francés (Premier Empire en francés) é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado (senadoconsulto) que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba). Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Empire français (fr) ![]() | |||||
Himno | Chant du départ (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | París ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 44.000.000 (1812) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua francesa ![]() | ||||
Relixión | catolicismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.100.000 km² ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 18 de maio de 1804 ![]() | ||||
Disolución | 14 de abril de 1814 ![]() | ||||
Sucedido por | Restauración Francesa e Moresnet (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía dual ![]() | ||||
• Emperador ![]() | Napoleón I de Francia (1804–1814) Napoleón I de Francia (1815–1815) ![]() | ||||
Moeda | franco francés ![]() | ||||
Baixo o primeiro imperio tiveron lugar en Europa as chamadas guerras revolucionarias, ou a segunda guerra dos Cen Anos segundo as fontes, guerras coñecidas baixo o nome de Guerras Napoleónicas. Grazas ás súas vitorias e alianzas militares Napoléon Bonaparte deu expandido o Imperio sobre a case totalidade da Europa continental. Así mesmo, o destino do Imperio estivo intimamente vinculado ao do seu exército.
Por outra banda, o Primeiro Imperio desenvolveuse nun período que deixou gran calado na historia das institucións francesas. Deste xeito, en 1801, foi asinado un primeiro concordato con Pío VII, en 1804 foi promulgado o Código Civil de Francia, tamén coñecido como Code Napoléon, e máis en 1808 foi creada a Universidade, unha institución dependente do Estado. Amais destes cambios na vida política francesa, tamén foron realizadas grandes obras públicas durante este periplo.