From Wikipedia, the free encyclopedia
A Primeira División Feminina, coñecida comercialmente como Liga Feminina Iberdrola, é a máxima categoría da liga española de fútbol feminino, que organiza a RFEF dende 1988.
Nome na lingua orixinal | (es) Liga F |
---|---|
Tipo | liga de fútbol |
Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
Liga inferior | Segunda división española de fútbol feminino |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1988 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona (9º) (2024) |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | FC Barcelona (9) |
Outro | |
Páxina web oficial | ligaf.es |
Creada en 1988 co nome de Liga Nacional de fútbol feminino, na súa primeira edición (1988-89) constou dun único grupo con 9 equipos. Nas seguintes edicións introducíronse varios cambios no seu formato, de xeito que durante anos foi un torneo no cal os equipos estaban divididos en 4 grupos segundo criterios xeográficos, e que ó remate da tempada regular xuntaba ós gañadores de cada grupo nunha localidade e enfrontábaos entre si nunha final a 4 polo título.
A tempada 2001-02 foi a primeira coa denominación Superliga, que trouxo consigo o formato clásico de liga cun grupo único, no cal había 12 equipos. Ese número de equipos medrou na tempada 2003-04 a 14, e na tempada 2008-09 a 16.
A edición 2009-10 volveu ó antigo sistema de varios grupos e varias fases, cun crecemento no número de equipos de 16 a 24, o cal provocou moitas críticas entre o colectivo de xogadoras. Non obstante, o sistema mantívose na seguinte tempada, cun equipo mais.
Na tempada 2011-12 o nome Superliga foi trocado polo de Primeira División, e o formato consistiu novamente nun grupo único de 18 equipos, que disputan unha liga regular de 34 xornadas nas que cada equipo xoga 2 encontros fronte ós outros 17, un como local e outro como visitante.
A competición dispútana anualmente 16 equipos que xogan nun único grupo enfrontándose todos contra todos a dobre partido (un partido en campo propio e outro en campo contrario), segundo un calendario previamente establecido por sorteo.
Os equipos puntúan en función dos seus resultados: tres puntos por partido gañado, un polo empate e ningún polas derrotas. O club que suma máis puntos ao termo do campionato proclámase campión de liga e obtén unha praza para a seguinte edición da Liga de Campións da UEFA, do mesmo xeito que o segundo clasificado. Así mesmo, os oito primeiros clasificados disputan a Copa da Raíña ao termo da liga. Os dous últimos equipos descenden a Primeira División B e desta ascenden reciprocamente dous equipos.
Os equipos participantes na edición 2019-20 da Primeira División de fútbol feminino serán os seguintes:
Club | Cidade | Estadio |
---|---|---|
Athletic Club EFT | Bilbao | Lezama |
Club Atlético de Madrid | Madrid | Cerro del Espino |
C.D. TACON | Madrid | Ciudad Real Madrid |
Deportivo Feminino | A Coruña | Cidade Deportiva de Abegondo |
EDF Logroño | Logroño | Las Gaunas |
Futbol Club Barcelona | Barcelona | Estadi Johan Cruyff |
Levante U.D. | Valencia | El Terrer |
Madrid C.F.F. | Madrid | Estadio Municipal Matapiñonera |
Rayo Vallecano | Madrid | Ciudad Deportiva Rayo Vallecano |
Real Betis Féminas | Sevilla | Ciudad Deportiva Luis del Sol |
R.C.D. Español | Barcelona | Ciutat Esportiva Dani Jarque |
Real Sociedad | San Sebastián | Instalaciones de Zubieta |
Sevilla F.C. | Sevilla | Ciudad Deportiva José Ramón Cisneros Palacios |
Sporting de Huelva | Huelva | Campo Federativo de La Orden |
U.D.G. Tenerife | Granadilla de Abona | La Hoya del Pozo (El Médano) |
Valencia CF | Valencia | Estadio Municipal Antonio Puchades |
Tempada | Campión | Subcampión | |
---|---|---|---|
Primeira División Feminina | |||
2018-19 | Atlético de Madrid | FC Barcelona | |
2017-18 | Atlético de Madrid | FC Barcelona | |
2016-17 | Atlético de Madrid | FC Barcelona | |
2015-16 | Athletic Club EFT | FC Barcelona | |
2014-15 | FC Barcelona | Atlético de Madrid | |
2013-14 | FC Barcelona | Athletic Club EFT | |
2012-13 | FC Barcelona | Athletic Club EFT | |
2011-12 | FC Barcelona | Athletic Club EFT | |
2010-11 | Rayo Vallecano | RCD Espanyol | |
2009-10 | Rayo Vallecano | RCD Espanyol | |
2008-09 | Rayo Vallecano | Levante UD | |
2007-08 | Levante UD | Rayo Vallecano | |
2006-07 | Athletic Club EFT | RCD Espanyol | |
2005-06 | RCD Espanyol | Sevilla FC | |
2004-05 | Athletic Club EFT | Levante UD | |
2003-04 | Athletic Club EFT | CE Sabadell | |
2002-03 | Athletic Club EFT | Levante UD | |
2001-02 | Levante UD | CF Puebla | |
2000-01 | Levante UD | Eibartarrak FT | |
1999-00 | CF Irex Puebla | AD Torrejón CF | |
1998-99 | Oroquieta Villaverde | CF Irex Puebla | |
1997-98 | Club Atlético Málaga | Sant Vicent Valencia CFF | |
1996-97 | Sant Vicent Valencia CFF | Añorga KKE | |
1995-96 | Añorga KKE | Oroquieta Villaverde | |
1994-95 | Añorga KKE | Oroquieta Villaverde | |
1993-94 | Oroquieta Villaverde | Añorga KKE | |
1992-93 | Oroquieta Villaverde | Añorga KKE | |
1991-92 | Añorga KKE | Barcelona Formas | |
1990-91 | Oiartzun KE | Atlético Villa de Madrid | |
1989-90 | Atlético Villa de Madrid | Peña Barcelonista Barcilona | |
1988-89 | Peña Barcelonista Barcilona | CF Parque Alcobendas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.