Primeira División de Paraguai
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Primeira División de Paraguai é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Paraguai, organizada pola Asociación Paraguaia de Fútbol.
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Asociación Paraguaia de Fútbol |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | Paraguai |
Vixencia | 1906 – |
Calendario da tempada | febreiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | apf.org.py… |
A competición foi inaugurada en 1906 cos 5 equipos que existían daquela no país, por iniciativa do xornalista Adolfo Riquelme. Dende a tempada 1996 divídese en dous torneos, Apertura e Clausura, aínda que ó remate da tempada había unha final para definir cal era o único campión. Dende 2008 iso xa non é así, e cada torneo está considerado un título por si mesmo.
A liga paraguaia non é das mais poderosas dentro da Conmebol, pero algúns dos seus clubs teñen amosado un gran nivel en certas ocasións, facendo que os equipos da liga sexan respectados nas competicións continentais, chegando con frecuencia ás roldas finais eliminatorias en torneos como a Copa Libertadores e a Copa Suramericana. O club máis laureado na historia do campionato é o Club Olimpia (39 títulos), seguido do Club Cerro Porteño (28 títulos), ámbolos dous da cidade de Asunción.
Na actualidade 12 equipos disputan 2 torneos cada tempada, Apertura e Clausura. O torneo Apertura dispútase na segunda metade do ano, mentres que o torneo Clausura dispútase na primeira metade do seguinte ano. Cada torneo componse de 22 xornadas, é dicir, de dúas voltas nas que cada equipo xoga fronte ós restantes 11 equipos da liga.