![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/14/Asociaci%25C3%25B3n_Paraguaya_de_F%25C3%25BAtbol_logo.svg/langgl-640px-Asociaci%25C3%25B3n_Paraguaya_de_F%25C3%25BAtbol_logo.svg.png&w=640&q=50)
Asociación Paraguaia de Fútbol
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Paraguaia de Fútbol (APF) (en castelán: Asociación Paraguaya de Fútbol; en guaraní: Paraguái Mangapy Atyguasu) é a institución responsable de organizar e regular os campionatos oficiais de fútbol de Paraguai, incluídas as modalidade de fútbol sala é praia. Foi fundada en Asunción o 18 de xuño de 1906 (117 anos) co nome de Liga Paraguaya de Football Association. Tras un proceso de cambio de nomes, castelanización e fusións, adoptou en 1998 a denominación Asociación Paraguaya de Fútbol. Está afiliada á FIFA dende 1925 e á Conmebol dende 1921. Tamén é responsable das distintas seleccións nacionais.