Presidente de Botswana
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente da República de Botswana é o xefe de Estado e xefe de goberno de Botswana, así como o comandante en xefe das forzas armadas, segundo a Constitución de Botswana.
Presidente da República de Botswana | |
---|---|
Bandeira presidencial de Botswana | |
Nomeado por | Parlamento de Botswana |
Duración | 5 anos, renovábel unha vez |
Creación | 30 de setembro de 1966 |
Primeiro titular | Seretse Khama |
O presidente é elixido por un prazo de cinco anos coincidente coa lexislatura da Asemblea Nacional. Dende 1997 está limitado a un total de 10 anos no cargo (equivalente a dous mandatos completos), mesmo se son non consecutivos. Os candidatos para a lexislatura declaran a quen apoian para presidente cando cobren os seus papeis de nomeamento. O candidato que recibe unha maioría de apoios dos membros elixidos da Asemblea Nacional é automaticamente electo.[1][2][3] Se ningún candidato recibe unha maioría de apoios, a Asemblea Nacional elixe o presidente por maioría simple, antes de nomear aos membros especialmente electos. Se ningún presidente é elixido despois de tres votacións, ou se o Presidente da Asemblea determina que ningún candidato ten bastante apoio para ser elixido, a lexislatura é automaticamente disolta.[2] Na práctica, o presidente é o dirixente do partido maioritario na Asemblea.