![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Navajo_flag.svg/langgl-640px-Navajo_flag.svg.png&w=640&q=50)
Presidente da Nación Navajo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cargo de Presidente da Nación Navajo (en navajo: Diné Binantʼaʼí) foi creado en 1991 co obxectivo de restruturar o goberno da nación. O presidente e vicepresidente son elixidos cada catro anos, e só poden servir durante dúas lexislaturas no cargo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Navajo_flag.svg/640px-Navajo_flag.svg.png)
Segundo o "Navajo Nation Code §1001-1006", un requisito dos presidentes é que deben falar a lingua navajo, entre outras cualificacións requiridas.[1] No presente, a fluidez debe ser determinada polos votantes navajos cando emiten o voto.[2]