Premio Nacional de Literatura Dramática de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Literatura Dramática é un premio literario español que se concede, dentro dos Premios Nacionais de Literatura e que outorga o Ministerio de Cultura desde 1992.
Premia a mellor obra dun autor español, de entre todas as obras deste xénero, publicadas en España o ano anterior en calquera das súas linguas oficiais, na súa primeira edición. Está dotado con 20.000 euros.
A Literatura Galega conta con tres galardoados:
- 1997: Manuel Lourenzo, por Veladas indecentes.
- 2007: Rubén Ruibal, por Limpeza de sangue.
- 2023: Paula Carballeira por As alumnas.[1]