O Premio Espiral Maior de Poesía, créase en 1992 por Edicións Espiral Maior dirixido a autores noveis, menores de 35 anos e sen obra publicada. O premio carece de dotación económica e consiste na publicación da obra pola editorial convocante.
A partir de 1999 o premio ábrese a todos os creadores (teñan ou non obra publicada e independentemente da idade). Dende o ano 2006 concédese tamén a obras en idioma portugués e Ámbito Cultural de El Corte Inglés respáldao con 12.000 euros, que o converten nun dos máis dotados de toda a Península Ibérica.
- 1992: Rafael Lema, Cemiterio das gaivotas.
- 1993: Martín Veiga, Das últimas ruínas.
- 1994: Francisco Souto, Thanatos ou as árvores do incesto.
- 1995:
- Cristina Cabada, Sombra acesa.
- Accésit: Anxos Romeo, A estatua.
- 1996: Emma Couceiro, Humidosas.
- 1997: Carlos Penela, As linhages do frio.
- 1998: Mário Herrero Valeiro, No limiar do silêncio.
- 1999: Manuel Forcadela, Morte do fadista.
- 2000: Charo Pita, Desde Arcadia para Govinda.
- 2001: Estíbaliz Espinosa, Número e.
- 2002: Xoán Xosé García, In-ventos.
- 2003: Luísa Villalta, En concreto.
- 2005: Manuel Darriba, Vostede non sabe con quen está a falar.
- 2006:
- Xavier Seoane, Para unha luz ausente.
- Accésit: Jorge Reis-Sá, Livro de estimação.
- 2007: Yolanda Castaño, Profundidade de campo.
- 2008: Amadeu Baptista, Açougue.
- 2009: Rosa Alice Branco, O gado do Senhor.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.