From Wikipedia, the free encyclopedia
Un necrófago ou preeiro é un animal carnívoro que se alimenta parcial ou totalmente de cadáveres matados por outros animais, normalmente depredadores.
Etimoloxicamente, a palabra necrófago provén do grego νεκροφάγος nekrophágos, onde nekro significa "morto" e phagos "comer". No caso de nutrirse tamén de plantas mortas denomínase saprófito. Se o cadáver é da súa mesma especie, chámase caníbal.
Os animais necrófagos teñen un sentido do olfacto moi desenvolvido e o seu corpo está preparado para tragar enormes cantidades de bacterias. Algunhas especies comezan a comer o cadáver cando este alcanzou un certo grao de descomposición.
Son moi importantes ecoloxicamente porque ó comer seres mortos limpan o ambiente de probables infeccións producidas pola materia orgánica morta e descomposta. Ademais, os restos deixados polos animais necrófagos son despois usados polos descompoñedores.
Nos seres humanos, a necrofaxia é un tabú na maioría das sociedades. Porén, houbo moitos casos na historia, especialmente en tempos de guerra, na que a necrofaxia era un método de supervivencia. Comer carne humana, práctica coñecida como antropofaxia ou, máis comunmente, como canibalismo, está extremadamente prohibido en case todas as culturas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.