![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Pontevedra._Escultura_na_praza_de_touros.jpg/640px-Pontevedra._Escultura_na_praza_de_touros.jpg&w=640&q=50)
Praza de touros
From Wikipedia, the free encyclopedia
As prazas de touros son recintos pechados, xeralmente circulares e descubertos, onde se celebran as touradas. Os seus estilos arquitectónicos son diversos de acordo ao maior ou menor grao de antigüidade, aínda que na actualidade predominan as de estilo neomudéxar. Teñen a súa orixe na Europa antiga. Principalmente consiste nun anfiteatro pechado de forma aproximadamente circular con bancadas e servizos que rodean un espazo central onde se realiza o espectáculo taurino, chamado ruedo, un terreo de terra batida (arena) rodeado dunha ruela onde se preparan e refuxian os toureiros.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Pontevedra._Escultura_na_praza_de_touros.jpg/640px-Pontevedra._Escultura_na_praza_de_touros.jpg)
En Galicia non existe gran tradición de touradas, e realmente só existe unha praza: a praza de Pontevedra.