Praza Vermella
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Praza Vermella (en ruso: Красная площадь, tr. Krásnaja plóščaď; AFI: [ˈkrasnəjə ˈploɕːətʲ]) é unha praza situada en Moscova, capital da Federación Rusa. A praza separa o Kremlin, a antiga cidadela real e actuala residencia oficial do Presidente de Rusia, dun histórico barrio de mercadores coñecido como Kitai-gorod. A Praza Vermella é a miúdo considerada a praza central de Moscova e de toda Rusia, xa que as principais rúas de Moscova, que conectan coas principais estradas do país, parten dela.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
(ru) Красная площадь | ||||
Tipo | praza atracción turística | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | red (en) | |||
Parte de | Kremlin e Praça Vermelha (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Moscova, Rusia | |||
| ||||
Características | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1990 (14ª Sesión) | |||
O nome da Praza Vermella non provén nin pola cor dos ladrillos que o rodean (que, de feito, foron blanqueados en certos momentos da historia), nin da relación entre a cor vermella e o comunismo. O nome xurdiu porque a palabra rusa красная (Krasnaya) pode significar tanto "vermello" como "fermoso" (este último é máis ben arcaico; прекрасная, prekrasnaya). Esta palabra, co significado de "belo", aplicouse orixinalmente á Catedral de San Basilio e posteriormente foi trasladado á praza próxima. Crese que a praza adquiriu o seu nome actual (que substitúe á Pozhar, "lugar queimado") no século XVII. Varias cidades antigas rusas, como Suzdal, Yelets, e Pereslavl Zalessky, a súa praza principal chámase Krasnaya Ploshchad.
A Praza Vermella separa o Kremlin, a fortaleza real onde actualmente reside o presidente de Rusia, do barrio histórico comercial de Kitai-gorod. Dela parten as principais rúas de Moscova en todas direccións, prolongadas en autoestradas até fóra da cidade. Por iso é considerada a praza como o centro da cidade e de toda Rusia.
A zona onde está situada a praza estaba orixinariamente poboada por edificios de madeira, pero foi limpada por Iván III de Rusia, xa que eran susceptibles de arder con facilidade. A nova praza serviu como lugar para os mercados, máis tarde para cerimonias públicas e proclamacións, mesmo para coroar aos tsares.
Na praza atópanse o patíbulo, o monumento a Kuzma Minin e a Dmitry Pozharsky, ademais do mundialmente famoso sepulcro (mausoleo) de Lenin. Na parede do Kremlin están sepultas grandes figuras da Unión Soviética e relevantes militantes comunistas (como o líder Iosif Stalin, o cosmonauta Iuri Gagarin, o xornalista e escritor estadounidense John Reed, algúns altos xefes militares etc).
O 28 de maio de 1987, o entón novo xermano-occidental Mathias Rust aterrou o seu pequeno avión Cessna en plena praza. Tivo que cumprir máis de 400 días de cárcere e ese feito tamén derivou na forzada renuncia do mariscal Sergey Sokolov, o entón ministro de defensa soviético.
En anos recentes na Praza Vermella celebráronse numerosos concertos. Realizaron actuacións alí grupos internacionais como Pink Floyd, a banda alemá Scorpions que celebrou un recital coa orquestra presidencial da Federación Rusa no aniversario da capital rusa. Ou o antigo beatle Paul McCartney.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.