![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Flag_of_Potes%252C_Spain.svg/langgl-640px-Flag_of_Potes%252C_Spain.svg.png&w=640&q=50)
Potes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Potes é un concello español da comunidade autónoma de Cantabria. Está situado no centro da comarca de Liébana da cal é a capital. Este concello limita ao norte con Cillorigo de Liébana, ao oeste con Camaleño, ao sur con Vega de Liébana e ao leste con Cabezón de Liébana.
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.336 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7,64 km² ![]() | ||||
Altitude | 291 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Francisco Javier Gómez Ruiz ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39570 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39055 ![]() | ||||
Ben de interese cultural | |||||
Identificador | RI-53-0000285 | ||||
Páxina web | ayuntamientodepotes.es ![]() |
Pechar
A vila de Potes está situada na confluencia de catro vales ademais de desembocar nela o río Quiviesa no río Deva nacido este último en altitudes dos Picos de Europa. Como o resto da comarca lebaniega, Potes goza dun microclima de tipo mediterráneo que permite o cultivo da vide, da nogueira, do chopo; e co primeiro deles elabórase o coñecido augardente da zona. Domina a localidade a montaña Arabedes (694 msnm), á que se pode ascender desde a vila.