![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/Portugu%25C3%25A9s_europeo.png/640px-Portugu%25C3%25A9s_europeo.png&w=640&q=50)
Portugués oliventino
From Wikipedia, the free encyclopedia
O portugués oliventino,[1] portugués continental ou portugués de Olivenza[2] é a variedade dialectal da lingua portuguesa falada nas cidades de Olivenza, Táliga e aldeas veciñas. Actualmente, os portugueses de Olivenza e Táliga non gozan do recoñecemento de España, que administra este territorio desde a Guerra das Laranxas. Portugal, porén, non recoñece a soberanía española sobre a rexión e afirma que estes territorios lle pertencen.[3][4]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/Portugu%C3%A9s_europeo.png/320px-Portugu%C3%A9s_europeo.png)
Como resultado de dous séculos de administración española e illamento do resto de Portugal, o portugués oliventino é hoxe unha lingua moribunda; a xente nova xa non o fala, quedando só unhas poucas persoas maiores.[1][5] O portugués deixou de ser a lingua da poboación a partir dos anos corenta, proceso acelerado pola política de castelanización posta en marcha polo franquismo.[5][6][7]