Castelanización
From Wikipedia, the free encyclopedia
A castelanización (castelán: castellanización)[1] é o termo dado ao proceso polo cal un lugar ou unha persoa é influenciada pola cultura castelá ou un proceso de cariz cultural ou lingüístico polo cal algo ou alguén torna castelán. A castelanización maniféstase principalmente polo uso da lingua castelá. En España, o termo designa o feito de que un territorio, a súa cultura e os seus habitantes deveñan influenciados pola cultura castelá[2] ou por un proceso lingüístico diglósico no que a lingua formal ou socialmente percibida como preponderamte é a castelá, Por extensión, trala castelanización sociopolítica de España, a castelanización caracterízase polo consumo e adopción da comida, música e tradicións españolas fóra de España. Nas antigas colonias españolas, o termo tamén é usado no ámbito lingüístico para o proceso de substitución das linguas indíxenas de América polo castelán.[3]