![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bb/Senyeres_atlas_de_Cresques.jpg/640px-Senyeres_atlas_de_Cresques.jpg&w=640&q=50)
Portolano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os portolanos,[1] tamén coñecidos como cartas portolanas, eran manuais, xeralmente con forma de libro, que se empregaban na navegación medieval e nos que aparecían listas sistemáticas de portos (de aí o seu nome), as distancias entre eles e as direccións para dirixirse dun a outro. Describían sobre todo a costa mediterránea, aínda que tamén houbo algúns de costas atlánticas.[2][3] Apareceron no século XIII e continuaron elaborándose por varios séculos, mesmo moi avanzada a Idade Moderna, aínda que son produtos típicos dos séculos XIV e XV principalmente. Contiñan información sobre distancias, vías para acceder aos portos, perigos, bancos de area, arrecifes e ancoraxes.[2] Caracterízanse por tres circunstancias:
- son como os actuais mapas escritos
- teñen como fondo unha retícula trazada a base dos rumbos ou liñas de dirección da rosa dos ventos.
- son mapas con escala gráfica chamada tronco de leguas (truncum leucae).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bb/Senyeres_atlas_de_Cresques.jpg/320px-Senyeres_atlas_de_Cresques.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3b/El_mar_Mediterr%C3%A1neo_en_el_Atlas_catal%C3%A1n_de_Cresques_Abraham.jpg/640px-El_mar_Mediterr%C3%A1neo_en_el_Atlas_catal%C3%A1n_de_Cresques_Abraham.jpg)