Porto da Lúa
porto de Bordeos From Wikipedia, the free encyclopedia
porto de Bordeos From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade.[1] Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio.
Tipo | casco vello porto espazo urbano | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Bordeos, Francia | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1.731 ha zona de protección: 11.974 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2007 (31ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) | |||
Identificador | 1256 | |||
En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.[2] O Patrimonio da Humanidade é a maior área urbana inscrita pola UNESCO (ata 2021), que abarca aproximadamente o 40% da superficie da cidade.
A UNESCO tamén premiou ao municipio polos seus esforzos para restaurar e embellecer os peiraos e fachadas do centro da cidade, incluíndo a Place de la Bourse, Miroir d'eau e o Grand-Théâtre.