![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/PopeyeMeetsSindbad.png/640px-PopeyeMeetsSindbad.png&w=640&q=50)
Popeye
From Wikipedia, the free encyclopedia
Popeye the Sailor, Popeye o mariño (Pop-eye = ollo saltón) é un famoso personaxe de cómic e de curtametraxes de debuxos animados. Foi creado por Elzie Crisler Segar e apareceu por primeira vez na tira cómica Timble Theatre, na edición do "The New York Evening Journal" do 17 de xaneiro de 1927. A caracterización de Popeye é a dun mariñeiro independente cunha peculiar forma de falar, cos músculos dos brazos moi desenvolvidos e unha omnipresente pipa de cana de millo na súa boca. O seu estraño humor repártese nunha serie de estrañas aventuras ao longo do mundo e ten como eterna confrontación cos seus mortais inimigos e os seus máis queridos amigos. Nin que dicir que a característica máis coñecida deste personaxe é o consumo de espinacas que o convertían nun ser moi poderoso capaz de castigar aos seus inimigos, por moi poderosos que estes fosen.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/PopeyeMeetsSindbad.png/640px-PopeyeMeetsSindbad.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/Olive-oyl-lilsweetpea1936.jpg/320px-Olive-oyl-lilsweetpea1936.jpg)