Ponte salina (proteínas e supramolecular)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En química de proteínas e supramolecular, unha ponte salina é unha combinación de dúas interaccións non covalentes: un enlace de hidróxeno e un enlace iónico (Figura 1). Isto obsérvase principalmente nas proteínas, nas que contribúe á estabilidade dunha conformación de pregamento entropicamente desfavorable. Aínda que as interaccións non covalentes son relativamente débiles, pequenas interaccións estabilizantes poden sumar os seus efectos e supoñer unha importante contribución á estabilidade global dun confórmero.[1] As pontes salinas non se encontran só en proteínas, senón que poden tamén encontrarse en quimica supramolecular. A termodinámica de cada un dos casos pode investigarse por procedementos experimentais para avaliar a contribución da ponte salina á enerxía libre global do estado.