Poliplacóforos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos poliplacóforos (Polyplacophora) é unha clase de moluscos de simetría bilateral caracterizados por teren o corpo aplanado dorsoventralmente, de forma oval e duns 3 cm de lonxitude (aínda que se observou un de 30 cm no noroeste do Pacífico), cun ancho pé reptador estendido por toda a cara ventral. A cara dorsal está cuberta por unha cuncha composta de oito placas calcarias móbiles. A cabeza, que non se distingue do resto do corpo, e o tronco están cubertos polo manto, que segrega as placas.[4][5]
Poliplacóforos Rango fósil: Devoniano-actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tres poliplacóforos achados na praia de Cesantes (Redondela) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Ordes, Subordes, e Familias | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Estas placas están imbricadas tanto na fronte como nos bordos do lombo, e polo tanto, artéllanse ben unhas coas outras. Deste xeito as placas proporcionan unha boa protección para impactos dende enriba e ao mesmo tempo permiten flexionar o manto cara a arriba cando é mester para a locomoción sobre superficies irregulares, e tamén poden enrolarse nunha bóla.
Coñécense popularmente polo nome de quitóns,[6] xeneralizando o nome dun dos xéneros máis coñecidos, Chiton.[5]
Na actualidade coñécense entre 900 e 1000 especies vivas pertencentes a este grupo.
Hai bos rexitros fósiles que datan de hai 400 millóns de anos, no Devoniano.[7] Porén, antes disto, algúns organismos foron interpretados como un grupo-nai dos poliplacóforos, polo que o seu rexistro estenderíase até o ordovícico.[8]