![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/Loligo_vulgaris.jpg/640px-Loligo_vulgaris.jpg&w=640&q=50)
Manto (moluscos)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O manto,[1] tamén denominado palio,[2] é unha das tres partes en que adoita dividirse a anatomía dos moluscos (as outras dúas son a cabeza e o pé).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/Loligo_vulgaris.jpg/640px-Loligo_vulgaris.jpg)
É a parte dorsal da parede do corpo que cobre a masa visceral.
É un órgano de orixe ectodérmica cuxas células epiteliais segregan carbonato cálcico e conquiolina, que orixinan espículas epidérmicas, placas ou a cuncha.[3]
O manto es un órgano musculoso e ten, con frecuencia, o aspecto dunha capa (de aí o seu nome) xa que, en moitos grupos de moluscos, esténdese máis alá do corpo formando unha estrutura de dobre parede en forma de lapela que se adapta a usos moi diferentes como, por exemplo, a función de sifón. Nos cefalópodos a contracción do manto forza á auga a saír a través do sifón, o que impulsa ao animal, que se despraza así con gran rapidez. Noutros moluscos úsase para a locomoción, como unha especie de pé.
A maioría dos moluscos posúen no manto unha cavidade, situada primariamente en posición posterior, chamada cavidade do manto ou, máis frecuentemente, cavidade paleal, onde se aloxan as súas complexas branquias e os osfradios, e onde se abren o ano, os nefróporos e os gonóporos.