Polipéptido inhibidor gástrico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O polipéptido inhibidor gástrico, abreviado como GIP (do inglés), e tamén chamado péptido inhibidor gástrico ou péptido insulinotrópico dependente da glicosa é unha hormona peptídica que forma parte da familia de hormonas da secretina.[1] O GIP, xunto co péptido similar ao glicagón 1 (GLP-1), pertencen a unha clase de moléculas coñecidas como incretinas.[2]
Polipéptido inhibidor gástrico | |
Identificadores | |
Símbolo | GIP |
Entrez | 2695 |
HUGO | 4270 |
OMIM | |
RefSeq | NM_004123 |
UniProt | P09681 |
Outros datos |
Actualmente, pénsase que a súa principal función é estimular a secreción de insulina.