Pocitos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pocitos é un barrio na cidade de Montevideo, capital do Uruguai. Localízase onda a praia de Pocitos, sobre a costa do Río da Prata, que nesta presenta un alto nivel de salinidade e ondas grandes. Esta praia toma o seu nome da época no que as lavandeiras acudían a ela, aproveitando as areas limpas da mesma para lavar a roupa, facendo pozos. Como moitos dos barrios montevideanos, tivo a súa orixe como un poboado independente que logo acabou absorbido polo crecemento da cidade.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Uruguai | ||||
Departamento (pt) | Departamento de Montevideo | ||||
División administrativa | Montevideo | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11300 | ||||
Caracterízase por unha arquitectura de edificios de apartamentos de 10 a 15 plantas que bordean o estuario do Río de la Plata, especialmente a carón da praia, convivindo con algunhas casas antigas, aínda que xa para o ano 2006 non quedan máis que unhas poucas debido á presión polo terreo e o alto valor do mesmo. É o lugar elixido pola clase media e alta da sociedade uruguaia. Cada vez máis se está transformando nun lugar autónomo do centro da cidade, cos servizos comerciais bancarios e profesionais imprescindibles para o seu funcionamento.
En materia de gastronomía destaca pola gran variedade de locais especializados en diversos tipos de comida internacional e típica de diferentes países. Posúe ademais da súa variada rede comercial, dous grandes centros comerciais que agrupan centos de tendas do máis alto nivel internacional.
Con cerca de 70 mil habitantes, é o barrio máis densamente poboado de Montevideo.