From Wikipedia, the free encyclopedia
Os yagua son un pobo indíxena de Colombia e o Perú, cuxo número roldaba as 6 000 no ano 2000.[1] Habitan preto dos ríos Amazonas, Napo, Putumayo e Yavari e os seus afluentes. No ano 2005, algúns yagua migraron cara ao norte, cara a Colombia, preto da vila de Leticia.
Pobo yagua | |
---|---|
Home yagua nunha demostración de zarabatana. | |
Poboación | |
Poboación total: 6 000 (2000)[1] | |
Rexións principais: | |
Colombia | 984 (censo de 2018) Amazonas[2] |
Perú | Departamento de Loreto |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua yagua e castelán[1] |
Relixión | Relixión tradicional e cristianismo[1] |
Grupos relacionados | Yameo |
A lingua yagua está clasificada dentro da familia peba-yagua.[1] As únicas outras linguas relacionada que se coñecen son a lingua peba[3] e a lingua yameo,[4] ámbalas dúas extintas.
No ano 2000, arredor duns 2000 yagua do Perú eran monolingües,[1] dos cales o 75% eran mulleres e o 25% homes. A maioría do resto eran bilingües en castelán en diferentes graos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.