![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6b/Wolof.jpg/640px-Wolof.jpg&w=640&q=50)
Pobo wolof
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os wolofs[3] son un grupo étnico de África Occidental que habita no noroeste do Senegal, en Gambia e na costa suroeste de Mauritania. No Senegal, os wolofs son o meirande grupo étnico (~ 39%),[1] mentres que nos outros dous países son minoría.[4] Falan a lingua wolof, unha lingua da pola atlántica da familia níxer-congo.[5]
Datos rápidos Poboación, Senegal ...
Pobo wolof | |
---|---|
![]() Home wolof en Gambia | |
Poboación | |
Poboación total: ~6,2 millóns | |
Rexións principais: | |
![]() | 5 689 710[1] |
![]() | 287 658[2] |
![]() | 229 715 |
![]() | 19 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua wolof, francés, inglés e árabe hassania. |
Relixión | islam (sufismo) |
Grupos relacionados | Lebu e serer |
Pechar
A súa historia antiga non está clara e está baseada nas tradicións orais que os vinculan cos almorábides. A mención máis antiga ós wolofs é a feita polo navegante e explorador Alvise Cadamosto, que mencionou xefes islámicos wólofs que eran consultados polos conselleiros e divinos musulmáns.[5][6] Os wolofs pertenceron ó Imperio Wolof da rexión de Senegambia.[6]