![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/ff/Frank_Tramontozzi%252C_MassDOT%252C_%2526_Cheryl_Andrews-Maltais%252C_Chair%252C_Wampanoag_Tribe_of_Aquinnah%252C_Martha%2527s_Vineyard_%25285139305025%2529.jpg/640px-Frank_Tramontozzi%252C_MassDOT%252C_%2526_Cheryl_Andrews-Maltais%252C_Chair%252C_Wampanoag_Tribe_of_Aquinnah%252C_Martha%2527s_Vineyard_%25285139305025%2529.jpg&w=640&q=50)
Pobo wampanoag
From Wikipedia, the free encyclopedia
O pobo wampanoag /ˈwɑːmpənɔːɡ/, tamén coñecido como wôpanâak, é un pobo indíxena do nordeste dos Estados Unidos, que habita no sueste de Massachusetts e leste de Rhode Island.[3] O seu territorio orixinaal incluíu as illas de Martha's Vineyard e Nantucket. A súa lingua, a wampanoag era unha variedade da lingua massachusett, a cal pertence á familia de linguas algonquinas do sur de Nova Inglaterra.[4] No momento do seu primeiro contacto cos ingleses no século XVII, eran unha gran confederación de polo menos 24 tribos rexistradas. A súa poboación era de miles; só en Martha's Vineyard vivían 3.000 wampanoag.
Datos rápidos Poboación, Estados Unidos ...
Pobo wampanoag | |
---|---|
![]() Cheryl Andrews-Maltais (dereita), líder da tribo wampanoag de Aquinnah. | |
Poboación | |
Poboación total: 2 756 (censo de 2010)[1][2] | |
Rexións principais: | |
![]() | Massachusetts, antigamente Rhode Island[3] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Inglés e lingua wampanoag (historicamente)[4] |
Relixión | Relixión indíxena e cristianismo |
Grupos relacionados | Pobos algonquinos |
Pechar
No presente existen dúas tribos wampanoags recoñecidas federalmente:
- A tribo mashpee wampanoag
- A tribo wampanoag de Gay Head (Aquinnah).[5]